Termos e condicións

Expóñense as condicións xerais de venda que regulan a oferta e a venda de produtos de queixoeaparte.gal, en nome de Queixo e aparte a a través da tenda en liña incluida neste sitio web. O presente documento contén as Condicións que regulan o uso deste sitio web aloxado baixo o dominio www.queixoeaparte.gal, e o contrato que vencella a ambas partes, Juan David Sobral Fariña, e vostede (en adelante as "Condicións"). 

Estas condicións establecen os dereitos e obligacións de todos os usuarios (en diante "Vostede" e os de Queixo e aparte (en diante "Nós") en relación coa navegación a través do sitio web, a adquisición na condición de Usuario, os dereitos e obligacións asociados a tal condición, así coma as transaccións comerciais e a utilización dos servizos que figuran no mesmo. 

Ao usar este sitio web, vostede acepta estes Termos e condicións e a Política de privacidade polo que lle recomendando que lea atentamente as presentes. Se vostede non estivera de acordo, deberá abandonar esta web. Estas condicións poderán ser modificadas en calquera momento polo que debe lelas antes de efectuar cada pedido. Todos os produtos ofertados en www.queixoeaparte.gal son vendidos directamente por Juan David Sobral Fariña con DNI 77415818A con domicilio en Rúa da Virxe do Camiño 57, 36003 Pontevedra, en adiante "Queixo e aparte". 

Para calquera dúbida, consulta ou suxerencia pode contactar connosco a través de david@queixoeaparte.gal. 

CONDICIÓNS DE CONTRATACIÓN 

Estas condicións regulan o acordo legalmente vinculante entre vostede e nós, protexendo os seus dereitos como cliente e os nosos dereitos coma empresa. Ditas condicións reglamentan a oferta, a aceptación de compra e o envío de produtos de Queixo e aparte. Queixo e aparte resérvase o dereito de non atender os encargos realizados por suxeitos que difiran do usuario final. Únicamente poderán adquirir bens e servizos comercializados a través da web aqueles usuarios finais que procederan a rexistrarse de conformidade co previsto nas presentes Condicións Xerais. 

OBRIGAS DO USUARIO 

O usuario está obrigado a: 

- Comunicar a Queixo e aparte todos os datos precisos para o acceso e utilización dos servizos que esixan identificación previa e que deberán er veraces, actuales e axustados ña realidade. O usuario está na obriga de facilitar de xeito certo e correcto os seus datos persoais (nome, apelidos, dirección postal, correo electrónico e outros datos de contacto) e consinte que podamos facer uso desta información para poñernos en contacto con vostede se é preciso. Se non facilita esta información, non será posible cursar o seu pedido. En caso contrario, Queixo e aparte non será responsable en ningún caso de posibles retrasos ou fallos na entrega como consecuencia do erro ou omisión destes datos. 

- O usuario non poderá realizar ningún pedido fraudulento, falso ou especulativo. Queixo e aparte resérvase o dereito de anular o pedido e/ou informar ás autoridades pertinentes en caso de ter motivos razoables para consideralo como tal. 

- Ao realizar un pedido nesta web, vostede garantiza que é maior de 18 anos e que ten capacidade legal para cursar contratos vinculantes. - Adoptar as medidas de seguridade precisas, tanto personais como materiais, para manter a confidencialidade do seu nome de usuario e contrasinal, así como notificar inmediatamente a Queixo e aparte a perda, extravío, sustracción, robo ou acceso ilexítimo do seu nome de usuario, así como o seu coñecemento por parte de terceiras persoas. 

- Facer un uso adecuado dos servizos desta web. 

- A non levar a cabo actividade algunha que dificulte ou interfira no funcionamento dos servizos do sitio web. 

- Ao pago dos produtos que contratara a través da web e aos gastos de envío e xestión de cobro, se existiran. 

NOTIFICACIÓNS 

Parte da información ou comunicacións que lle enviemos serán por correo electrónico, segundo nos esixe a normativa aplicable polo tanto ao usar este sitio web, vostede acepta que a maior parte das comunicacións connosco sean electrónicas. Porémonos en contacto con vostede por correo electrónico ou facilitaremos información colgando avisos nesta web. Por iso, vostede consinte en usar este medio de comunicación e recoñece que todo contrato, notificación, información e demáis comunicacións que lle enviemos cumplen os requisitos legais de seren por escrito. Esta condición non afectará aos seus dereitos recoñecidos por ley. Poderemos enviarlle comunicacións por email. Entenderase que as notificacións foro recibidas e foron correctamente realizadas no mesmo instante no que se colguen no noso sitio web, 24 horras despois de terse enviado un correo electrónico ou tres días despois da data de franqueo de calquera carta. 

COBERTURA DA OFERTA 

Os produtos ofrecidos envíanse exclusivamente nos territorios de España. 

CONTRATO CON QUEIXO E APARTE E ACEPTACIÓN DE PEDIDOS 

O contido do noso sitio web é unha oferta non vinculante. Até que o seu pedido non sexa aceptado e aínda que se cargara á súa conta, non existirá ningún contrato entre vostede e nós. Se o seu pedido non é aceptado e xa lle fixemos o cargo, o importe seralle rembolsado na súa totalidade. Logo de facer clic en "mercar" recibirá un email como acuse de recibo. Isto non implica que o pedido fora aceptado xa que o mesmo é unha oferta que vostede nos fai para realizar a súa compra. Os pedidos están suxeitos á nosa comprobación e aceptación. Confirmarémoslle a aceptación enviándolle un email no que lle informamos de que o pedido está sendo enviado. Solo nese momento quedará formalizado o contrato entre vostede e nós. Solo os produtos relacionados na confirmacion de envío serán obxecto de contrato. Non estaremos na obriga de subministrarlle ningún outro produto que puidera ter sido obxecto de pedido até que lle confirmemos o envío dos mesmos nunha confirmación de envío independente. Queixo e aparte poderá absterse de cursar pedidos que non presenten suficientes garantías de solvencia ou que resulten ser incompletos ou incorrectos ou no caso de que os produtos non estean dispoñibles, sen responsabilidade cara vostede nin cara terceiros. En calquera caso, comprometémonos a informalo e se xa lle cargáramos o importe do pedido, procederemos ao rembolso da suma que anticipara. 

DESESTIMENTO DO CONTRATO 

Vostede poderá desistir do contrato dentro do prazo dos seguintes 7 (sete) días naturais dende a data de recepción do produto para os produtos de alimentación, salvo dos bens perecedeiros e aqueles outros que pola súa natureza poidan deteriorarse, foran desembalados ou caduquen con rapidez. Cando se trata de produtos de menaxe, dispón de 14 (catorce) días para a súa devolución. Rembolsarase o importe por tales produtos seguindo a política de devolucións. 

O dereito de desestimento será aplicable sempre e cando os produtos se devolvan nas mesmas condicións nos que os recibiu xunto o seu embalaxe orixinal completo pechado, etiquetas e xunto con calquera elemento relacionado cos mesmos. Deste dereito de desestimento quedan exceptuados os bens perecedeiros e aqueles outros que pola súa natureza poidan deteriorarse ou caducar con rapidez. Nós mesmos determinaremos se os produtos se atopan nas mesmas condicións nas que lle foran enviados. Os produtos devoltos con danos, incompletos, deteriorados, usados ou sucios por culpa do liente non serán rembolsados e serán postos a disposición do seu remitente e reenviados a portes debidos. 

Para levar a cabo o seu dereito de desestimento convidámolo a ler a nosa política de devolucións. 

DISPOÑIBILIDADE DOS PRODUTOS 

 Vostede acepta que os produtos que ofrece Queixo e aparte na súa tenda online están suxeitos a límites de existencias. Todos os pedidos de produtos están suxeitos á dispoñibilidade dos mesmos. Se algún produto non estivera dispoñible unha vez feito o pedido, informarémolo coa maior brevidade posible. Nese momento vostede poderá modificar o seu pedido ou cancelalo. 

Queixo e aparte resérvase o dereito de modificar os produtos que se ofrecen no sitio web sen previo aviso. 

PROCEDEMENTO DE COMPRA 

O usuario deberá acceder á tenda aloxada na web de Queixo e aparte. Poderá ver a descripción dos produtos e o precio por unidade de venda ou peso. Unha vez elixido o produto engadirao á cesta indicando as unidades que desexa adquirir. Unha vez feito isto, poderá ver o resume de produtos e finalizar a compra indicando os datos requeridos no formulario de rexistro. En caso de que o usuario xa estivera rexistrado, poderá acceder á súa conta. Unha vez feito isto, o usuario elixirá o modo de entrega ou recollida e poderá detallar unha nota para o transportista e solicitar factura. No caso de elixir o pago con tarxeta, o usuario será redirixido á pasarela de pago. Unha vez finalizado o proceso, enviarase ao usuario un correo electrónico de confirmación e calquera información precisa, de aplicar, para completar o pedido correctamente. 

ENVÍOS 

O transporte dos envíos realizarase mediante a empresa Integra2 ou ben a través da empresa SEUR, ou por medios propios de Queixo e aparte habitualmente nun prazo de 24/48h. Para os produtos que pola súa natureza requiran frío, enviaranse mediante servizo refrixerado garantindo que non se rompe a cadea de frío. En calquera caso, o prazo máximo de entrega nunca superará os 5 días dende a confirmación do envío, ou o importe do pedido será devolto. Unha vez o pedido saia da queixería, recibirá unha notificación. Os pedidos serán enviados cos datos facilitados por vostede durante o proceso de compra. Queixo e aparte non enviará ningún pedido a ningún apartado de correos nin bases militares nin aceptará pedidos cando non se poida identificar correctamente ao destinatario. 

Para resolver calquera dúbida, pode contactar connosco a través de david@queixoeaparte.gal. 

PROBLEMAS NA ENTREGA 

Vostede deberá notificar a Queixo e aparte calquera inciencia. Se o pedido non poidera ser entregado, a empresa de mensaxería contactará con vostede para acordar unha nova data. Vostede deberá comprobar que o pedido é correcto e, en caso contrario, contactar connosco o antes posible en david@queixoeaparte.gal. 

TRANSMISIÓN DO RISCO E DA PROPIEDADE 

O usuario adquire a propiedade dos produtos no momento que recibe a confirmación do envío e del será a responsabilidade dos mesmos no momento no que se realice a entrega. 

MOEDA, IMPOSTOS E XEITO DE PAGAMENTO 

Os prezos móstranse en euros. Toda compra estará suxeita ao Imposto sobre o Valor Engadido (IVE). Estamos obrigados a emitir factura para calquera pedido superior a 3.000 euros (IVE incluido). Os custos de envío serán engadidos no resumen da compra antes de realizar o pagamento. Queixo e aparte resérvase a modificar os prezos da web sen previo aviso. Se descubrimos algún erro no prezo dos produtos que vostede encargou, informarémolo o antes posible e darémoslle a opción de reconfirmar o pedido ao prezo correcto ou ben anulalo. No caso de non lograr contactar con vostede, anularemos o pedido e devolveremos o importe que fora cargado. 

Non estaremos obrigados a suministrarlle ningún produto a un prezo inferior ao correcto aínda que lle enviaramos a confirmación do envío seo erro fose obvio e houbera podido ser recoñecido de forma razoable por vostede. 

Quedan a salvo os dereitos recoñecidos na lexislación vixente. 

Queixo e aparte acepta o pago con tarxeta de crédito ou débito (Visa, Visa Electrón, Mastercard y Maestro). Empregamos sistemas de pago seguros pra protexer a seguridade dos pagamentos. 

As devolucións serán no mesmo xeito do pagamento. 

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓNS 

Para devolver un produto de alimentación vostede dispón de 7 días naturais a contar dende a recepción do produto non sendo posible a devolución dos bens perecedeiros e aqueles outros que poidan deteriorarse ou caducar con rapidez. Cando se trate dun produto de menaxe, dispón de 15 días para a súa devolución. Cando solicite unha devolución, recibirá un formulario ao efecto que deberá cumplimentar correctamente. 

Os produtos deberán ser devoltos nas mesmas condicións que foran recibidos. 

O cliente deberá demostrar que os artigos foron devoltos polo que recomendamos empregar un sistema que certifique a entrega pola súa seguridade. Non se aceptarán cambios ou devolucións de artigos perecedeiros. Vostede será responsable dos custos de devolución do produto e nunca aceptaremos devolucións enviadas a portes debidos. Se a súa devolución non cumpre cos presentes termos, non terá dereito a recibir ningun rembolso e remitiremoslle os produtos a portes debidos. O rembolso realizarase sempre á persoa que efectuou o pagamento. 

Reservámonos o dereito a non aceptar produtos que pertencen a un único pedido devolto e entregado en diferentes momentos. 

Non se permiten nin cambios nin devolucións na nosa tenda. As devolucións realizaranse xunto co formulario de devolución á seguinte dirección: 

Queixo e aparte 
Rúa da Virxe do Camiño 57 
36003 Pontevedra.

 DEVOLUCIÓNS DE PRODUTOS DEFECTUOSOS 

Se vostede recibe un pedido erróneo ou produto defectuoso, pregámoslle que se poña en contacto connosco de forma inmediata nun prazo máximo de 24 horas a través de david@queixoeaparte.gal indicando o erro ou defecto xunto cos seus datos persoais. No caso de problemas co embalaxe, deberá comunicalo á empresa de mensaxería no momento da recepción do pedido indicándoo sobre o abarán de recepción ou na tableta electrónica do repartidor. Examinaremos detidamente o produto devolto e comunicarémoslle nun prazo razoable se procede a devolución ou sustitución do mesmo (no seu caso). A devolución efectuarase, no seu caso, dentro dun prazo de 30 días dende a data na que lle confirmemos se procede. As cantidades pagadas en caso de tara ou defecto serán rembolsadas na totalidade polo mesmo medio en que foran aboadas. 

Quedan a salvo os dereitos recoñecidos pola lexislación vixente. 

OPCIÓN DE AGASALLO 

Ofrecémoslle a posibilidade de que poida enviar agasallos dende a nosa web indicándoo nos comentarios e indicando unha mensaxe personalizada. Informaráselle do custo engadido que puidera existir. No caso de facilitar datos persoais de terceros garantiza ter as autorizacións pertinentes para o seu tratamento. Se recibiu un agasallo, para realizar un cambio ou devolución deberá seguir o procedemento habitual da nosa política de devolucións. 

GARANTÍAS E INFORMACIÓN DOS PRODUTOS 

Os produtos que presentamos na nosa web son unha coidada selección da nosa colección e amosamos unha suxerencia de presentación que pode non coincidir co produto entregado exactamente tal e como se amosa na web. 

RESPONSABILIDADE E EXONERACIÓN DE RESPONSABILIDADE 

Nada nestas condicións exclúe nin limita a nosa responsabilidade. 

ACONTECEMENTOS FÓRA DO NOSO CONTROL 

Non seremos responsables de ningunha obligación cuxa causa se deba a acontecementos fóra do noso control razonable e estas causas de forza maior incluirán: 

- Folgas, peches patronais ou outras medidas reivindicativas. 
- Conmoción civil, revolta, invasión, ataque terrorista ou ameaza terrorista, guerra declarada ou non ou ameaza de preparativos de guerra. 
- Incendio, explosión, tormenta, inundación, terremoto, afundimento, epidemia ou calquera outro desastre natural. 
- Imposibilidade de uso de trens, barcos, avións, transportes de motor ou outros medios de transporte públicos ou privados. 
- Imposibilidade de empregar sistemas públicos ou privados de telecomunicacións. 
- Actos, decretos, lexislación, normativa ou restriccións de outros gobernos. 

A nosa obriga de cumplimentación en virtude de algún contrato quedará suspendida durante este período de causa de forza maior.