Catálogo




Na nosa tenda atoparás unha selección de produtos artesáns elixidos con mimo por nós mesmos para que poidas gozar deles onde e cando queiras combinándoos como máis che guste. As opcións son infinitas, igual que as experiencias que están a agardar por ti en Queixo e aparte.

Os nosos queixos   

Na nosa tenda atoparás unha selección de queixos galegos, nacionais e internacionais. Eliximos elaboracións de leite cru e tamén pasterizado de vaca, cabra e ovella co obxectivo de facer voar os sentidos até o lugar no que se elaboran, de xeito artesanal, cada un deles. Tamén temos leite fresco de vaca e cabra á demanda e iogures artesáns naturais de cabra, de vaca e de ovella.   

As maridaxes para os nosos queixos 

Hai centos de xeitos de comer queixo. É quizáis, un dos produtos máis versátiles da nosa gastronomía e dende aquí queremos compartir contigo o noso xeito de facelo. Por iso, contamos cunha selección especial de viños da IXP Ribeiras do Morrazo, de pequenos produtores e outros viños galegos, nacionais e internacionais , conservas, froitos secos, pan torrado e picos de pan, chocolate, marmeladas, mel, café recén torrado por Gonzalo do Club del café e aceite de oliveira. 

Outras propostas 

Ademáis, en Queixo e aparte tamén preparamos paquetes de agasallo, táboas de queixos coas súas maridaxes para levar e para eventos. Ofrecemos asesoramento personalizado e preparamos degustacións dos nosos queixos para grupos reducidos. Queres saber máis? Visítanos na nosa tenda e consúltanos.