A nosa selección
Unha das cousas que máis nos gusta é acompañar a quen nos visita na queixería para que poida descubrir os nosos queixos. Moitos pregúntannos sobre que queixos elixir para facer unha táboa e por iso, aquí, poderás atopar algunhas das nosas recomendacións aínda que as opcións, como sabes son infinitas e sempre haberá unha combinación perfecta para ti. A única regla para gozar do queixo é que non hai reglas.
Táboa de Comté, Stilton e Manchego
Lembra que podes descubrir todos os nosos queixos e o resto de produtos que podes atopar na queixería no noso catálogo aínda que non sempre todo está aí. Visitarnos en persoa paga a pena.