Descubre o noso catálogo de produtos

Por - 9.8.20


Máis de 40 referencias de queixos artesáns todos eles elaborados por pequenos produtores tanto galegos coma nacionais e internacionais. Unha coidada selección de viños e outros produtos para poder acompañar os teus queixos favoritos e gozar dunha experiencia gastronómica inesquecible. Dende agora, xa podes descargar o noso catálogo completo. 




Dende que abrimos Queixo e aparte, o noso obxectivo é poder achegarte ao noso xeito de vivir o mundo dos queixos artesáns. Aquí, todo ten unha razón de ser e nós estamos aquí para contarche cada unha das historias de todos estes queixos, de poñerlles rostro. E o mesmo que facemos cos nosos queixos facémolo co resto dos nosos produtos. A aposta polos pequenos produtores é a nosa razón de existir.

A vida é moi curta como para comer queixo só de cando en cando e a nosa queixería está aquí para asegurarse de que o queixo non falte nunca sobre a mesa.

Agardámoste!

*O noso catálogo está suxeito á dispoñibilidade dos produtos en tenda. Consúltanos.

Tamén che pode gustar