A nosa selección: queixos azuis

Por - 11.8.20


Hoxe traemos unha proposta para os amantes dos queixos cos sabores máis intensos, unha táboa composta por catro dos nosos queixos azuis: Stilton Colston Basset, Savel, Tormentoso e o tamén imprescindible Gorgonzola Dolce.


Stilton Colston Basset


Un queixo de textura moi manteigosa, con moito sabor, afroitado, profundo e cun lixeiro toque de acidez mais sen a agresividade doutros Stilton. Elabórase dende 1920 na que foi a queixería de Stilton máis pequena da Gran Bretaña e xa nos anos 80 sería Neal's Yard Dairy quen sentaría a produción dunha receita personalizada na que se establece o emprego de callo animal proporcionando máis corpo e requerindo un menor número de pinchados para acadar un queixo de sabores equilibrados.


Savel


Din que é o mellor queixo azul de España e é, dende logo, un dos nosos favoritos. Elaborado con leite cru de vaca jersey en Chantada, Lugo, por Ricardo, Ana e Suso (Airas Moniz), trátase dun queixo de grande untuosidade propia da manteiga que contrarresta a intensidade dos sabores aportados polo desenvolvemento do Penicilinum. Unha das xoias da innovación queixeira do noso país.


Tormentoso


É un queixo azul cuns 2 meses de maduración elaborado en Fuente Obejuna (Córdoba) con leite cru de ovella e empregando sal sen refinar das salinas da bahía de Cádiz. Ten textura firme pero que se desfai en boca. Aporta un lixeiro picor e evidentes notas a terra e humidade moi ben equilibradas.


Gorgonzola Dolce DOP


É o queixo azul máis cremoso que existe no mundo e un dos que máis se venden na queixería. Ten unha textura suave e un sabor doce con certo gusto a froitos secos que o convirte no queixo azul para todos, tanto para os amantes dos queixos azuis como para aqueles que din que non lles gustan este tipo de queixos. Con el, podemos reconciliar todas as posicións.


Prezo da táboa (aprox 1kg): 35 euros.


Descarga o noso catálogo

Tamén che pode gustar