A nosa selección: Comté, Stilton e Manchego

Por - 11.8.20


Notas doces, notas máis salgadas e a intensidade dun queixo azul. Esta é unha das nosas propostas queixeiras para gozar dun bo momento só ou acompañado porque o mellor do queixo sempre é poder compartilo. Aquí vai unha de Comté, Stilton e Valdivieso. 


Comté AOC Fort de Saint Antoine


Afroitado e fresco. Cunha maduración duns 16 meses este comté caracterízase pola elasticidade da súa pasta. Con 12 meses é un queixo tremendamente doce mais esas notas doces vanse difuminando segundo avanza a maduración. Este queixo ven directo das áreas montañosas de Granges Narboz, en Francia onde madura a unhas condicións de humidade e temperatura únicas que fan deste queixo un queixo... único. 


Stilton Colston Basset


Un queixo azul manteigoso, saboroso, afroitado e cun lixeiro toque ácedo mais sen a agresividade propia de moitos Stilton. Un queixo moi equilibrado que destacará nesta táboa pola súa profundidade. 


Valdivieso Manchego DOP


Directos dende Cinco Casas (Cidade Real) chegan á queixería estes queixos Manchegos DOP elaborados por Luis e a súa familia seguindo unha tradición que arrincaron en 1880. Queixos con personalidade elaborados co leite cru de ovella manchega procedente de gando propio. O 80% dos queixos desta familia véndense de xeito local e agora xa é posible gozar deles aquí. Aroma e sabor intenso con notas doces e torrefactas que o fan tremendamente especial.


Prezo da táboa (aprox 300gr Comté, 500gr Stilton, 600gr Valdivieso): 43 euros.


Descarga o noso catálogo

Tamén che pode gustar