Café e queixo, unha parella ideal
Logo de darlle unhas cantas voltas a esta idea xunto con Gonzalo, presentamos a selección especial de tres cafés de orixe para Queixo e aparte. Son un Kenia, un Etiopía e un Colombia e aquí todo ten un por que, toma nota.
Para os nosos queixos de sabores máis suaves optamos por un Kenia da rexión de Niyeri, variedade Arábica SL28. Aporta sensacións a froita madura, froitos amarelos e bastante acidez. Un café complexo en boca para contrastar con queixos brandos.
Para os queixos máis curados optamos por un Etiopía da rexión de Sidamo, variedade Arábica heirloom. Aporta sensacións a chocolate e froitos vermellos, con boa acided pero ao mesmo tempo con moita dozura.
E, por último, para os azuis, eliximos o máis doce de todos: un Colombia da rexión de Huila, variedade Arábica typica. Apórtanos sensacións que lembran á vainilla, manteiga e caramelo. Tamén ten notas a froita madura. Ten pouca acidez e moita dozura.
De contrasteis vai a cousa. Lembra que xa podes facer o teu pedido para recollelo na queixería recén tostadiño. E se queres algún outro café non tes nada máis que consultarnos.
Os suecos, a isto de casar café e queixo chámanlle Kaffeost. Non inventamos nada, combinar o café e o queixo é unha tradición dalgúns países europeos que máis nos gusta e agora achegámocha da man da persoa que máis sabe de café na vila! Bo café e bo queixo para, máis que nunca, gozar dun bo momento na casa.