Ola, isto é...

A mistura de David Produtos artesáns Produtos con rostro

domingo, 8 de diciembre de 2019

Un queixo para cada chocolate

  • diciembre 08, 2019
  • por Queixo e aparte
As opcións do queixo son infinitas e unha das nosas favoritas é combinalo con chocolate. Nalgún momento isto puido parecer unha tolemia pero hoxe é, sinxelamente, unha marabilla. Fusión de texturas, de elementos fundentes, sabores doces, salgados e amargos. Facemos un pequeno percorrido por algunhas das nosas opcións preferidas para maridar queixo e chocolate.

Un queixo para cada chocolate

Se infinito é o mundo dos queixos, infinito é o mundo dos chocolates. Hai centos de opcións no mercado mais nó sempre preferiremos aqueles cunha maior porcentaxe de cacao e que serviremos raiado ou en pó para acompañar queixos de sabor intenso coma os azuis, os de cabra e os casteláns de ovella.

E para complementar, podemos acompañar esta mistura con froitas doces coma uvas, figos e peras.

No caso de buscar unha combinación aromática, máis doce e de sabores diferentes, apostariamos por un chocolate branco para acompañar queixos cremosos e semicurados engadindo froitos secos.

Por outra banda, para unha fusión de sabores máis suaves, a opción ideal será empregar chocolates negros con queixos frescos ou de pasta branda coma o brie ou o camembert.

Non hai que esquecer tampouco os chocolates con leite para combinar con queixos de matices doces. En xeral, será máis fácil atopar o equilibrio con chocolates suaves xa que canto máis intensos, máis posibilidades hai de que enmascaren os sabores do queixo, e viceversa.

As opcións son, coma sempre dicimos, infinitas, pero paga a pena experimentar buscando o equilibrio nos sabores para descubrir novas sensacións até chegar á mistura perfecta. Lembra que en Queixo e aparte tamén poderás atopar unha interesante selección de chocolates artesáns cos que maridar os nosos queixos.
DAVID E LUISA
+34 639 239 792
r/ Virxe do Camiño 57, 36003 Pontevedra

CONTACTO