Queixos con rostro en Pontevedra
Tras moito tempo dándolle voltas decidimos crear en Pontevedra o espazo que notabamos en falta. Case todo o mundo come queixo, pero non hai refrentes aos que acudir e nos que atopar queixos artesáns, chegados do produtor ao mostrador máis alá dos de produción local. Gústanos coñecer as persoas que están detrás de todo o que comemos, as súas historias, os procesos de elaboración. Antes iso era o máis normal, agora as dinámicas de consumo son diferentes, pero nós queremos recuperar iso que facían os nosos avós e poñelo ao alcance de todos transformando a cultura global en cultura local. É coma ser un nexo entre a cultura local de diferentes lugares.
Na tenda hai xa
cerca de 40 referencias de queixos tanto galegos, coma nacionais e
internacionais. A maior parte deles son nacionais, temos queixos de Galicia, de
Asturias, das dúas Castelas, das Illas Canarias e, por suposto, non faltan as
catro Denominacións de orixe galegas. Ter 40 queixos e non 100 é un tema de calidade, pola calidade dos propios
produtos e pola calidade do servizo, para nós é moi importante coñecer cada un
dos produtos que temos na tenda.
Todos os queixos
teñen algo en común e é que proveñen de pequenos produtores, con gando e pasto
propios. Son queixos con rostro, queixos todos diferentes uns a outros pero que
teñen unha historia e unha razón de ser detrás. Cada queixo é único e así
é coma debe ser, os queixos reflicten a cultura dun lugar mais tamén a súa
terra, o seu clima, a súa xente, todo se reflicte no seu sabor, no seu aroma e
en cada pequeno matiz.
Queixos de leite cru
Non é capricho,
pero a maior parte dos queixos da tenda están elaborados con leite cru de vaca,
cabra ou ovella, ou mesmo cunha mistura. Os sabores intensifícase e isto fai que cada queixo sexa
completamente diferente. Iso sí, tamén contamos con queixos elaborados con leite
pasterizado.
E aparte
Hai centos
de xeitos de comer queixo, é un dos produtos máis versátiles na cociña, e o
noso obxectivo é compartir as nosas ideas. Por iso, contamos cunha ampla selección de produtos para maridar cos seus
queixos: viños, chocolate, aceites, froitos secos, conservas, marmeladas, pan
para o picoteo, mel e mesmo café. Nós sabemos como nos gusta combinar o
queixo con outros elementos e simplemente queremos mostrarlle á xente todas as
posibilidades que hai, logo cada un atopa sempre o seu xeito de facelo.
Seleccionar os produtos foi o que máis tempo nos levou, sabiamos o que
queriamos e atopalo non sempre é sinxelo. Queremos recuperar os sabores de
antes, os das cousas feitas como sempre se fixeron, empregando produtos de
calidade, sen engadidos e, sobre todo, con persoas detrás. É volver ao que
facían os nosos avós e poñelo ao alcance de todos.
Viños de aquí e de alá
O viño é un
básico, e neste caso a aposta é polos da IXP Ribeiras do Morrazo. Os galegos
somos moi nosos e é certo que somos moi de costumes pero aquí temos uns viñazos
e decidimos apostar pola Indicación Xeográfica Protexida da nosa zona por iso
mesmo, aínda que tamén temos na tenda Rías Baixas, Monterrei, Ribeira Sacra,
Rioja e Ribera del Duero. Quen ía dicir que podiamos ter uns viños escumosos
tan bos coma os que temos aquí hai uns anos, agora voan. Trátase de apostar por
nós mesmos mais sen olvidar o que nos rodea e por iso tamén contamos con viños de pequenos produtores.
Agardámoste no número 57 da Rúa Virxe do Camiño.